Página 1 de 1

XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

Publicado: 10 Ago 2016, 16:58
por Motrix Reloaded
II XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

3 y 4 de septiembre de 2016, en Moraña, Pontevedra

III XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

Publicado: 17 Jul 2017, 10:50
por Motrix Reloaded
III XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

1, 2 y 3 de septiembre de 2017, en Moraña, Pontevedra

VENRES DÍA 1;

- 22:00 - Apertura de inscricións e festa con DJ.
- 00:00 - Peche de inscricións.
- 00:15 - Actuación de RAIBA.

SÁBADO DÍA 2; (Teremos todo o día adestrando ós rapaces de KSB)
- 12:00 - Apertura de ionscricións.
- 12:15 - Saída de ruta barítima pola zona.
- 17:15 - Saída de ruta turística.
- 19:00 - Pinchada de carneiro ó espeto e porquiño á brasa.
- 19:30 - Stunt a cargo de Miguel González Stuntrider.
- 20:30 - Xogos populares moteiros.
- 22:00 - Ruta nocturna e peche de inscricións.
- 22:30 - Cea para inscritos e entrega de trofeos.
- 00:00 - A nosa Keimada.
- 00:30 - Festa a cargo de AudioTroula.
- 02:00 - Sorteo de Agasallos.
- 05:00 - Fin de Festa.


DOMINGO DÍA 3;

- 10:00-11:00 - Almorzo na cafetería Alborada.
- 11:30 - Gran ruta polo alto do Xiabre.
- 12:30 - Pinchada na casa rural "Casal dos Celenis".
- 13:00 - Entrega de agradecementos, despedida e fin da xuntanza.
- 13:45 - Fin da ruta en Moraña.

**Teremos camping gratuito exterior, pavillón con duchas e gardacascos.

A PREINSCRICIÓN SERÁ DE 18€ E TEMOS HABILITADO O Nº DE CONTA PARA FACELA DE ABANCA.

ES44 2080 5106 7730 4000 5871

IV XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

Publicado: 02 Ago 2018, 13:47
por Motrix Reloaded
IV XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

1 y 2 de septiembre de 2018, en Moraña, Pontevedra


Programa da Xuntanza;

**SÁBADO 1 DE SETEMBRO**

- 12:00 Apertura de inscricións.
- 17:30 Ruta pola zona.
- 19:00 Pinchada de espetos na zona da xuntanza.
- 20:00 Xogos moteros.
- 22:00 Cea para inscritos- Reparto de premios.
- 00:00 Festa Nocturna con DJ.


**DOMINGO 2 DE SETEMBRO**

- 10:00 Almorzo para inscritos
- 11:00 Ruta de mañá pola zona.
- 12:30 Pinchada e fin da xuntanza.

O prezo da inscrición son 18€ anticipada e 20€ o mesmo día da xuntanza e a conta a ingresar xa a detallamos no cartel.

V XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

Publicado: 28 Ene 2019, 02:03
por Motrix Reloaded
V XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

31 de agosto y 1 de septiembre de 2019, en Moraña, Pontevedra

Como tódolos anos teremos rutas en moto, pinchos a reventar, xogos moteros, festa nocturna e máis sorpresas.

Ademáis este ano, para celebrar o noso 5° aniversario, contaremos cun evento que non vos podedes perder. O "I Dirt Track De Moraña".
Un espectáculo que poderedes disfrutar dende primeiras horas da mañá cos entrenos libres, ata xa entrada a noite coa celebración das últimas mangas.

Nesta ocasión imos cambiar a ubicación do evento, que será á sombra dos carballos da Carballeira de Santa Lucía. (Centro de Moraña).
Así mesmo o dirt track terá lugar na explanada situada a carón da Carballeira (antiga ubicación da Xuntanza).

Tamén cabe destacar, como cambio importante, que este ano non vai haber cea pra inscritos. A idea é que cada un poida cear cando lle veña mellor nun dos restaurantes ou bocaterias que están situadas a carón da Carballeira.
Inda así teremos unha inscrición (solo en taquilla) polo módico prezo de 5€, a cal inclúe:

* Mochila.
* Regalo.
* Número para sorteos.
* Sorteo roda, envío e medida a elexir.
* 2 cañas.
* 1 refresco.
* Pases para piscina.

A continuación deixamos os horarios da Xuntanza e do dirt track por separado:

XUNTANZA:

SÁBADO 31:
12:00 Apertura de inscricións.
17:30 Saída ruta pola comarca.
19:30 Pinchos a reventar pra todos os asistentes e sorteo de regalos para inscritos.
20:00 Entrega de trofeos e agradecementos.
23:30 Comezo da festa dj a cargo de Audio Troula.
00:00 Saída ruta nocturna.
4:00 Fin da festa.

DOMINGO 1:
10:30 Almorzo gratis na carballeira pra tódolos asistentes.
11:30 Saída ruta pola comarca.
14:00 Fin da ruta e da Xuntanza.



DIRT TRACK:

SÁBADO 31:
12:00 Entrenos libres 1
16:00 Entrenos libres 2
18:30 Warm Up
20:30 Carreiras 1° manga
21:30 Carreiras 2° manga
22:30 Entrega de trofeos

Coma cada ano teremos zonas de acampada o aire libre e cuberto, con duchas dispoñible para todos os asistentes que o necesiten.

Esperamos estar a altura e que disfrutedes moito deste evento que organizamos con moitas ganas e ilusión.

VII XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

Publicado: 03 Abr 2024, 22:05
por Motrix Reloaded
VII XUNTANZA MOTERA OS KEIMAOS

14 de septiembre de 2024, en Caldas de Reis, Pontevedra


FESTA CON DJ.
RUTA POLO XIABRE.
XOGOS
ATRACCIÓNS.
MERENDA PARA OS CATIVOS
PINCHOS DE PORCO O ESPETO
SORTEO DUNHA RODA